20.2.13


ACTIVIDADE DE DESCUBRIMENTO DA ESPELEOLOXÍA.
DIAS;9 e 10 de Marzo no Courel.
Actividade de descubrimento da espeleoloxía na que se visitarán cavidades de desenrolo horizontal e dificultade mínima nas que atoparemos a beleza segreda do Courel. Trátase de dous días de actividade independentes, podéndose asistir a calquera dos dous (ou ós dous) Non é preciso estar federado ou ser socio do clube ainda que se este é o voso caso deberedes apuntarvos á actividade como moi tarde o 25 de Febreiro para tramitar un seguro que vos cubra o fin de seman.
Non é preciso material específico, únicamente calzado de bo agarre e roupa sufrida xa que é case imposible non mancharse ou mollarse, polo que é obrigado levar roupa e calzado de reposto. Casco e iluminación quen dispoña; o clube ten material deste tipo.
Para quen desexe quedar no Courel os dous días hai varias opcións de pernocta: O refuxio da federación de espeleoloxía en Liñares (de prazas limitadas, moi básico pero acolledor) o da federación de montaña en A Seara, o camping de Esperante ,e diversos puntos de hopedaxe rural nos alrededores.

¿Qué  inclue?

-Seguro de accidentes.
- Material espeleológico: Cascos,Iluninacion basica,sacas, etc…
-Charla sobre outros cursos de espeleoloxía por o GES-CAM.
( Grupo de Exploraciones Suterranes Club Alpino Manzaneda )
O prezo non inclúe desprazamento, manutención e pernocta

¿Cánto costa?
 O prezo destas xornadas de "Descubrimento da Espeleoloxía" é de 20 euros,
  daque a maior parte é destinada a sufragar o pago do seguro
  e do aluguer do material espeleolóxico.
.
  A inscripción farase por correo electrónico a:  gescamanzaneda@gmail.com
proporcionando o:
Nome completo,
DNI,
Enderezo
Código postal
Data de nacemento
Email
Teléfono de contacto ( Movil ).
  Tamén pódelo facer no local social do Clube Alpino Ourensan
O pago das xornadas farase con data límite o día 28 de febreiro ou no momento da inscrición no local social,  nos horarios de apertura do mesmo


ORGANIZA:

  " GES - CAM "

Grupo de Exploraciones Subterraneas del Club Alpino Manzaneda


Pra mais informacion :
gescamanzaneda@gmail.com

 LEMBRA: Apúntate antes do dia 28 de Febreiro 


 Club AlpinoOurensan:

Luns,Mércoles e Venres de 20:30 a 22:00

Situacion:
Rúa Bedoya 4, local 9. 32004 Ourense 
Tel.: 988 232 628  -  


No hay comentarios: