4.4.13

1ª Competición Social de Escalada “Club Alpino Ourensán”



O sábado 20 de Abril de 2013 o Clube organiza a 1ª Competición Social de Escalada “Club Alpino Ourensán”, no Rocodromo do pavillón dos Remedios a partir das 9:30 da maña.   

Unha cita para todos os/as escaladores/as que queiran disfrutar dun día de competición e convivencia nun ambiente inmellorable , fagas IV+, 6a ou 7c, e para toda a xente que se anime a pasar por alí a ver e sobre todo a ¡¡ANIMAR!!
Haberá tamén pase de fotos e videos.

INSCRICIÓN: 


SÓ para socios do Club Alpino Ourensán. Prezo 10 euros e pemios para os mellores de homes e de mulleres e algunha que outra sorpresa.

Inscríbete a na sede do club alpino ou a través do correo electrónico clubalpinoourensan@gmail.com



Ao rematar desprazarémonos o cañon para comer-pinchar e escalar pola tarde (en función da meteoroloxía) 

Para comer levamos entre todos a comida, escoller da que hai debaixo lista algo ou por 5 euros podes comer.

Se só queres vir comer e escalar pola tarde entón trae algo da lista ou senón 5 euros. Aceptanse propostas de comidas, postres e bebidas varias.

  HORARIOS

9:30-10:00 horas: Quecemento libre. 
10-13:30 horas: Competición 
Ó rematar e hasta que que se faga de noite, comida no cañon e escalada alí. 

No hay comentarios: