XIV Campamento Galego Extraterritorial de Espeleoloxía
XIV Campamento Galego Extraterritorial de Espeleoloxía
Do 15 ao 18 de agosto Cantabria
A proposta que se fai este ano acheganos a algúns
dos rincons máis emblemáticos da Espeleoloxía Española: Cantabria, o punto de
encontro será Ramales de la Victoria dende o cal poderemos achegarnos aos
diferentes macizos montañosos e karst máis importantes como son os de Rasines,
Ampuero, Arredondo, Asón, etc. Nalgúns destes lugares existen travesías
coñecidas como a de Cueto-Coventosa, Cuivo-Mortero e outras. Tamén covas e
simas de interese polas súas formacións, ou polos descubrimentos arqueolóxicos.
Igualmente pola zona existen zonas de escalada deportiva e Vias Ferrata (por se
alguén ten interese).
Data límite de
inscripción no Campamento. 15 DE XULLO DO 2013
PRAZAS LIMITADAS
É imprescindible estar en
posesión da Licenza Federativa de Espeleoloxia do ano en curso para poder
participar no campamento. Os menores de idade precisan de permiso paterno (que
custodiará o club) e acudir tutelados por un adulto.
Os participantes virán
equipados co material espeleolóxico de progresión horizontal e vertical. Tanto
individual como colectivo.
A organización non se
responsabiliza de posibles accidentes. Manter as medidas de seguridade é
responsabilidade de cada persoa.
Calquera outra situación
ou dúbida non prevista por este Regulamento será resolta pola
organización.
Non esquezas: Realizar un
traballo en equipo, fundamento da exploración espeleolóxica.
Club Alpino Ourensán Rúa
Bedoya 4, local 9 – 32004 Ourense Tlf:
988 232 628 Mail: gescamanzaneda@gmail.com www.clubalpinoourensan.es
Programa de actividades
Día 15 agosto
- 9 a 12 horas: Recepción de participantes e entrega de
documentación
- 13 horas: Comida (previa reserva)
- 15 a 20 horas saída cara cavidades da zona
- 21 horas: cena (previa reserva)
Día 16 agosto
- 9 horas desayuno (previa reserva)
- 9 a 13 horas saída cara cavidades da zona
- 13 horas: comida (previa reserva)
- 13 a 20 horas saída cara cavidades da zona
- 21 horas: cena (previa reserva)
- 22 horas: Charla coloquio
Día 17 agosto
- 9 horas: desayuno (previa reserva)
- 9 a 13 horas saída cara cavidades da zona
- 13 horas: comida (previa reserva)
- 13 a 20 horas saída cara cavidades da zona
- 21 horas: Cena Confraternización (Confirmación coa
Organización)
Día 18 agosto
- 9 horas: desayuno (previa reserva)
- 10 a 14 horas saída cara cavidades da zona
- 15 horas: Cierre y Clausura Campamento Galego
Extraterritorial 2013
Os horarios poderán
ser modificados pola organización, os participantes poderán ausentarse e comer
durante as actividades programadas
Material
necesario
Material para
facer actividade espeleolóxica: equipo completo de vertical, así como cordas y
anclaxes. Posto que alguna das travesías que se propoñen posuen curso de auga,
é recomendable neopreno completo.
Material para a pernocta: o albergue dispón de camas (liteiras)
recomendable saco de dormir. Roupa de recambio e material para hixiene persoal.
Localización
Ramales de la Victoria:
http://elalberguederamales.com/
Coordenadas GPS: 43º 15 29,88 N // 003º 28 00,47 O
Cómo chegar: Tomar a autovia das Rías Baixas cara León,
antes de chegar coller o desvío cara Burgos saída 152 e incorporarse á A-231,
seguir e tomar a saída 230 cara Santrander pola A-67. Tomar máis adiante a
saída S10 dirección Bilbao/Aeropuerto/Solares, seguir pola carretera E-70 A-8 (Laredo-Bilbao) e tomar a saída 17 cara á
N- 629 Colindres/Burgos-Logroño seguir a carretei. e chegaremos a Ramales
No hay comentarios:
Publicar un comentario