24.10.13

Travesia por Picos de Europa

 

Días 1, 2 e 3 de novembro

Travesía polo corazón do macizo central dos Picos na que ascenderemos o pico mais alto do macizo así como distinguiremos o lonxe a esvelta figura do Picu Urriellu.
 

Saída o Xoves para durmir en Posada de Valdeón e saír o venres as 9:00 AM cara Caín para comezar a actividade, ¡¡así que nada de chegar tarde!!

 

O nivel técnico non e moi exixente, sen embargo o nivel físico e alto, pois o primeiro día faremos un gran desnivel, sairemos de caín, unha das aldeas mais baixas de picos a uns 460 msnm, para durmir no refuxio de Cabrones e se nos vemos con folgos e tempo acometer a ascensión o Pico Cabrones pola súa vía normal. O sábado sairemos cara o Torrecerredo cume mais alta dos picos, 2650 msnm para despois dirixirnos o refuxio de Collado Jermoso ascendendo antes o Llambrión. O domingo xa con tranquilidade baixamos os coches. Teremos a oportunidade de ver a posta de sol mais fermosa dos picos de Europa a noite do sábado o domingo.
 
 

MATERIAL: Roupa e calzado adecuado, arnés, casco e descendedor (Todo o material homologado para escalada, non valen cascos de bicicleta nin arneses de fortuna feitos cunha cinta)

Nos refuxios hai mantas, pero os mais frioleiros atoparán no saco de durmir o seu mellor compañeiro nas frías noites. Tamén se pode almorzar e cear no refuxio, así que se non queremos subir esas comidas por non levar peso, con levar comida de ataque para os tres días será suficiente.

 

Apuntarse antes do mércores 20 as 20:30 hrs para reservar nos refuxios e para a noite do xoves o venres. Aclarar se se quere almorzar e cear nos refuxios ou non, se non se di nada entendese que non.

 

Contacto: vbarro@gmail.com
 

A actividade poderá variar en función da meteoroloxía.




2 comentarios:

Club Alpino Ourensán dijo...

¡Apuntarse antes do día 30-10-2013!

Club Alpino Ourensán dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.