12.11.13

Cena Anual 2013


CENA ANUAL 2013

O venres día 29 de novembro de 2013 as 22:00 h. celebraremos unha nova edición da Cena Anual social do club, a correspondente o ano 2013. Como podedes ver este ano, igual que o pasado 2012, faremos a cea na “Adega do Tito”, que nos ofrece un interesante menú, podedes consultalo nesta mesma páxina, a un prezo “anticrise” de 20 € por cabeza. 

Polo demais seguimos na mesma liña marcada nas pasadas edicións: Faremos a entrega de premios os gañadores do concurso de fotografía 2013, sorteo de material entre os asistentes aportados pola tenda de montaña Paso Norte, lote de cervexas da Cervexaría O Moucho e a cesta de nadal aportada polo propio club. 

Si estás pensando en asistir a Cena Anual 2013 lembra que debes apuntarte no local social do club e tes de prazo ata o día 27 do presente mes, facer efectivo o importe da cena, 20 €, e recoller a entrada numerada para o sorteo. Lembra tamén que no momento de apuntarte debes escoller o segundo prato de entre os sete ofertados.

MENÚ

ENTRANTES 

-Calameres a la romana 

-Empanada 

-Gambas Orly 

-Embutidos Ibéricos 

SEGUNDO (a elegir) 

-Salmón a la Plancha 

-Merluza a la Romana 

-Bacalao a la Portuguesa 

-Filete de Ternera 

-Escalopines con Salsa de Champiñones 

-Lasaña 

POSTRE 

-Tarta Helada 

BEBIDA 

Vino Tinto/Blanco, Aguas, Refrescos 

Café y Chupitos de Licor 

Precio Menú 20 €


COLABORAN:


No hay comentarios: