25.2.14

Curso de iniciación a escalada


O Club Alpino Ourensán en colaboración co Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza un curso de iniciaicón a escalada no rocódromo do Pavillón dos Remedios.

Un curso está orientado a todas aquelas persoas que desexan introducirse con seguridad na escalada e aprender as maniobras básicas, encordamento, aseguramento e manexo de sistema de freno e materiais. Adquirindo os coñecementos e practicando as técnicas a fin de escalar con seguridade vías equipadas de escalada deportiva dun so longo.

O curso está dividido en catro xornadas de duas horas en xoves no seguinte horario.

 
Horario
Xoves 13, 20 e 27 de marzo e 3 de abril, de 21:00 a 23:00
Prazas
Máximo 8 personas
Material necesario
Roupa e calzado cómodo. Pes de gato o que teña, ainda que non son imprescindibles. 
Inscrición
Apúntate no local social ou en clubalpinoourensan@gmail.com, deixando o teu nome completo, teléfono, DNI e e-mail.
O prezo do curso é de 30 € para non socias e 15 para socias.
 Máis información no local social ou en clubalpinoourensan@gmail.com


HORARIO LOCAL SOCIAL: Luns 19:00 a 20:30, Mércores 19:30 a 21:00 horas Venres 20.00 a 21.30 horas

No hay comentarios: