Do Cares ó ceo
Do Cares ó ceo
Unha proposta para os que xa están de vacacións...
Días 17,18,19 e 20 de xullo
Percorrido con inicio en Caín para logo dun breve tramo de Garganta Divina
deixar atrás o balbordo dos centos de turistas que percorren a senda e meternos
de cheo no silencio e a grandeza abismal desas canles que caen desde tres
metros por baixo do ceo ata aló embaixo. No noso periplo montañeiro pasaremos polo refuxio de Jou de los
Cabrones e por Collado Jermoso. Pode que haxa prazas para durmir pero nesta
época e fácil que esten ateigados. Como somos montañeir@s aguerrid@s e dado que
as canles son pouco pindias cargaremos cos nosos sacos e provisións para
vivaquear en hotel de mil estrelas. Esperemos que a meteo axude.
Interesados contactar con Ángel
Os datos:
SAÍDA:
Sábado 17 de xullo ás 09:00 horas
REGRESO:
Domingo 20 de xullo
MATERIAL
NECESARIO: Roupa e calzado axeitado.Esterilla, saco e funda de vivac. Víveres…piolet
e crampóns
No hay comentarios:
Publicar un comentario