14.12.07

Asamblea Xeral Ordinaria/Extraordinaria


ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria, en cumprimento do artigo 11.1 dos estatutos do club:

11.1- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, previa convocatoria do Presidente, ó menos unha vez ó ano para tratar das seguintes cuestións:

ORDE DO DÍA (Segundo os estatutos)
11.1.1- Memoria, liquida dación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación se procede.
11.1.2- Presuposto para o seguinte exercicio.
11.1.3- Proxecto e propostas do Presidente ou da Xunta Directiva.
11.1.4- Proposicións que formulen os socios e que terán de ir asinadas ó menos,polo cinco por cento dos mesmos.
11.1.5- Rogos e Preguntas.
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Local social Club Alpino Ourensán
Día 21-12-2007, ás 20:00, en primeira convocatoria e ás 20:30, en segunda convocatoria.


ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria, en cumprimento do artigo 11.2 dos estatutos do club:

11.2- Terá de se celebrar Asemblea Xeral Extraordinaria para a modificación de Estatutos, elección do Presidente, toma de cartos a préstamo, emisión de títulos representativos de débeda ou de parte alícuota patrimonial, enaxenación de bens inmobles e fixación de cotas dos socios, e calquera outro acordo previsto nestes estatutos ou que se estime oportuno polo Presidente ou proceda legalmente.

ORDE DO DÍA
Fixación de cotas dos socios (actualización das cotas)
Proposta de regulamento electoral.
Convocatoria eleccións a Presidente o club

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Local social Club Alpino Ourensán
Día 21-12-2007, ás 21:00, en primeira convocatoria e ás 21:30, en segunda convocatoria.

No hay comentarios: