9.12.07

Serra de Gredos

Serra de Gredos 14-16 de decembro 2007

Actividade montañeira no Sistema Central para tentar de facer o seu pico mais emblemático, o Pico Almanzor, tamén chamado Plaza del Moro Almanzor, é un pico situado na provincia de Ávila, moi próximo de Cáceres. Ten 2592 m sendo o pico mais alto da Serra de Gredos e do Sistema Central.

O venres 14 sairemos a tardiña cara Navarredonda onde pernoctaremos no albergue. Sábado 15 ascenso o Pico Almanzor. Domingo 16 faremos outro pico (por determinar) e volta pra casa.

IMPORTANTE: Apuntarse con tempo para plazas en albergue.

Os datos
Data: 14-16 de decembro
Saída: Venres 14 pola tarde
Dificultade: Media (con neve)
Material: Casco, arnés, piolet e crampóns.


No hay comentarios: