9.4.09

Actividade Infantil. Orientación

19.04.09. Orientación
Coincidindo coa actividade que organiza o club, Campeonato Escolar de Orientación, aproveitamos e iniciamos os rapaces na orientación con mapa e buxola polas rúas do Casco Vello da cidade. Unha actividade sinxela e que levará os participantes a descubrir rincons da cidade descoñecidos para eles na procura das balizas colocadas o efecto.
É importante apuntarse con tempo para garantizar o número de mapas e buxolas para todos.
Mais información no local social.
Os Datos
Data: 19.04.09
Hora: 12:00 horas
Material: Roupa cómoda
As outras actividades do trimestre
09.05.09
Bicicleta. Paseo en bicicleta polas beiras do Miño e baño nas pozas termais.
17.05.09
Espeleoloxía. Iniciar os nenos na exploración das cavidades soterradas cunha visita a zona do Caurel para entrar na Cova de Ceza, unha cova horizontal con curso de auga e lagoa interior que fará que non esquezan a experiencia.
27,28.06.09.
Coñece as Actividades Infantís Multiactividade en Muíños con actividades de piragüas, sendeirismo, escalada , xogos e todo pensando nos mais pequenos.

No hay comentarios: