17.4.09

Coñece Montaña 09


Coñece Montaña 09
¡APLAZADO!
Por previsión metereolóxica pésima para o fin de semana
En breve comunicaremos a data para celebrar esta actividade
ANCARES
25.04.09
(25 e 26.04.09 para socios)*

25.04.09. Coñece a Montaña .Ancares. Primeira das actividades do Coñece 09 e adicada a facer unha aproximación o mundo da montaña en xeral e da montaña invernal en particular. Faremos parte da integral de Ancares pasando por algún dos fermosos picos da serra e gozando da panorámica a case 2.000 metros de altura. A presenza da neve parece garantizada polo que iniciaremos, os participantes, na montaña invernal dando a coñecer o material que se emprega nesta modalidade deportiva e uso do mesmo. As actividades do coñece son abertas o público polo que dende o club animámos a todos os interesados a participar desta experiencia.
* A actividade do "Coñece" limítase a xornada do sábado pero para os socios do club ofrecese a posibilidade de pernocta no albergue de Degrada (xa temos feita reserva) e facer actividade o domingo. Infórmate
Os datos
Data:25.04.09
Hora: As 08:00 horas
Lugar:Local social Club Alpino Ourensán
Material:Roupa de abrigo, muda, calzado axeitado (mínimo bota de trekking), gorro e gafas de sol. O material técnico aportado polo club.

Mais información no local social do club ou no teléfono 988232628

  • Outras actividades do "Coñece 09"
  • 9.05.09. Coñece a Escalada
  • Actividade básica de escalada na escola de escalada “Canón do Sil” sita no lugar do que toma o nome.
    10.05.09. Coñece a BTT.
  • Percorrido de bicicleta de montaña sinxelo para aproximarse a esta modalidade deportiva polos sendeiros sitos nos arredores de Ourense e nos concellos limítrofes.
    16.05.09. Coñece o Sendeirismo
  • Ruta sinxela nos arredores de Ourense visitando os concellos de San Ciprián das Viñas e Barbadás.
    17.05.09. Coñece a Espeleoloxía
  • O Caurel. Cova de Ceza. Iníciate na exploración das cavidades soterradas nunha cova de desenrolo horizontal e con un curso de augas que se inicia cun lago interior no fondo da mesma.
    20.06.09. Coñece o Descenso de Barrancos
  • Lugar por confirmar dependendo das condicións climatolóxicas e niveis de auga.
    27,28.06.09. Coñece as Actividades Infantís
  • Multiactividade en Muíños con actividades de orientación, sendeirismo, escalada , xogos e todo pensando nos mais pequenos.

No hay comentarios: