27.4.09

Morra de Lechugales

Morra de Lechugales
1,2 e 3 de maio

Algúns xa estaban pedindo un vivac fai tempo e aquí o teñen...
Desde Tanarrio ascenderemos pola interminable canal de Lechugales para acadar a cota máis alta do macizo oriental dos Picos de Europa.
En función das condicións da neve miraremos de facer algún pico máis.
Descenderemos pola canal das Arredondas logo de vivaquear na neve polo que se recomenda un bo saco de durmir.

Os datos
DATA: 1,2 e 3 de maio
HORA: 09:00 horas
LUGAR: Sede social do clube
MATERIAL: Roupa e calzado de montaña (queda bastante neve e ainda caera algunha esta semana). Saco de durmir potente, funda de vivac, esterilla, crampóns, piolet e víveres.

No hay comentarios: