8.4.09

Coñece 09

COÑECE 09

O Club Alpino Ourensán, en colaboración con Deporte Galego, pon de novo en marcha o “Proxecto Coñece” que se presenta como unha oportunidade para todos, socios e non socios, de probar e practicar algunha das modalidades deportivas que teñen cabida na programación anual da entidade. O “Coñece” son un conxunto de actividades pensadas para amosar en aberto a aventura e o deporte no entorno natural e que dende o Club Alpino Ourensán, avalados por unha experiencia de case 40 anos no mundo da montaña, son planeadas dun xeito ameno e sinxelo. O “Coñece” e un proxecto onde importa mais as ganas de participar ca condición física ou os coñecementos técnicos. Un conxunto de actividades básicas dedicadas a todos aqueles que teñan ganas de probar algo mais, para todos aqueles interesados en facer algo distinto.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES.
19.04.09. Coñece a Orientación
Iniciarse nos deportes de orientación na procura de balizas con mapa e buxola polo casco vello de Ourense.
26.04.09. Coñece a Montaña .
Ancares. Faremos parte da integral de Ancares pasando por algún dos fermosos picos da serra e disfrutando da panorámica a case 2.000 metros de altura.
9.05.09. Coñece a Escalada.
Actividade básica de escalada na escola de escalada “Canón do Sil” sita no lugar do que toma o nome.
10.05.09. Coñece a BTT.
Percorrido de bicicleta de montaña sinxelo para aproximarse a esta modalidade deportiva polos sendeiros sitos nos arredores de Ourense e nos concellos limítrofes.
16.05.09. Coñece o Sendeirismo.
Ruta sinxela nos arredores de Ourense visitando os concellos de San Ciprián das Viñas e Barbadás.
17.05.09. Coñece a Espeleoloxía.
O Caurel. Cova de Ceza. Iníciate na exploración das cavidades soterradas nunha cova de desenrolo horizontal e con un curso de augas que se inicia cun lago interior no fondo da mesma.
20.06.09. Coñece o Descenso de Barrancos
Lugar por confirmar dependendo das condicións climatolóxicas e niveis de auga.
27,28.06.09. Coñece as Actividades Infantís
Multiactividade en Muíños con actividades de orientación, sendeirismo, escalada , xogos e todo pensando nos mais pequenos.
Mais información en vindeiros comunicados e no local social.

No hay comentarios: