7.3.07

Ecovixías: Bidueiral de Montederramo

Amigos da Terra organiza esta convocatoria que difundimos por si é do voso interés.


ECOVIXÍAS: BIDUEIRAL DE MONTEDERRAMO
III Andaina reivindicativa - 17 e 18 de marzo
O Bidueiral de Montederramo é unha das mellores fragas conservadas da provincia de Ourense pero corre o risco de desaparecer por unha irracional explotación cinexética intensiva.
O Bidueiral de Montederramo é un espazo natural que se atopa integrado na súa totalidade no termo municipal de MONTEDERRAMO, un dos dez de maior extensión da provincia de Ourense ocupando os derrames noroccidentais do gran nudo orográfico das Serras Centrais.
O Bidueiral de Montederramo está situado nun Lugar de Importancia Comunitaria cuxa protección legal e ambiental ven da Unión Europea como integrante da Rede Natura 2000.
O Bidueiral de Montederramo foi vítima da colocación dun cercado cinexético de 15.365 m de lonxitude aprobado pola Xunta de Galicia de Fraga.
O Bidueiral de Montederramo tenta ser protexido por un montón de cidadáns que desde fai anos veñen loitando pola supresión do cercado, xa que parte da flora que se atopa dentro do peche sofre danos pola carga existente de caza maior así como pola perda de biodiversidade pola impermeabilización que supón a citada malla e contando con 175 especies de fauna, diferentes.
O Bidueiral de Montederramo volve a convidar a todos aqueles que queiran coñecer un espazo natural único e reivindicar ante a Administración, a obriga de levantar o valado e depurar responsabilidades políticas e empresariais.
Ata cando imos esperar a que se respecte o patrimonio natural galego???
PROGRAMA:
PASANDO A FIN DE SEMANA NO C.E.A. - AS CORCERIZAS (www.ascorcerizas.com) na Serra de San Mamede, os horarios son os seguintes:
SÁBADO 17
DE MAÑÁ
10h- saída desde o aparcadoiro da Policía de Ourense en vehículos particulares
11h- chegada As Corcerizas
12h- camiñata a Rebordechao
13:30h- xantar a cargo de cada participante
DE TARDE
17h- pequena plantación de autóctonas
18:30h- charla sobre biodiversidade e sobre a serra de San Mamede
19:30h-historia sobre o Lobishome da serra
DE NOITE
21h- cea ecolóxica a cargo de As Corcerizas
22h- queimada e tempo de troula!!!
NOITE NO ALBERGUE
DOMINGO 18
DE MAÑÁ
9h- comeza o día
10h- almorzo a cargo de As Corcerizas
11h- saída hacia o Bidueiral
13:30h- xantar no Bidueiral a cargo de As Corcerizas
REGRESO CON HORARIO LIBRE
Necesaria inscrición!!
Cuota: 30€
Qué levar? Saco de durmir e toalla, roupa de abrigo e de chuvia, calzado cómodo.
Aqueles de vos que dispoñades de coche e non vos importe compartilo, facedeo saber ao inscribiros para que se poida repartir á xente que non ten cómo chegar, e difundide esta mensaxe, por favor!!!!
Para inscribiros chamade ao 988.37.43.18 e preguntade por Montse.

No hay comentarios: