16.3.07

Orientación en Bande este domingo 18 (a 2ª vai a vencida)

Ola, ola! Este domingo quedaremos as 9:30 no Local Social para ir ao Monte Grande de Bande (tamén chamado Fontesanta) para realizar unha actividade de orientación que foi aprazada hai 15 dias. Esperemos que o tempo nós acompañe desta vez. A actividade empezará as 10:30 no Alto de O Vieiro (entre Celanova e Bande). Quedaremos alí nun aparcadoiro que hai a man dereita segundo vimos da capital.

Colocaremos varias balizas que haberá que buscar cun mapa a escala 1:25000, facendo un percorrido de 10 km aproximados o que nós ocupara toda a mañá. O responsábel do trazado desta actividade é Martín Morales, trazador do RaidValdeorras 2006, membro do noso clube e campión estatal H-35 de Orientación a Pé no 2006 (3º no Torneo Ibérico da pasada Ponte da Constitución en na Serra do Marao-Vila Real) na modalidade de Distancia Media. Vamos, todo un luxo deseñado para todos os públicos.

Animademos, que pronto comeza a tempada de raids e os extravios primaverais!!

No hay comentarios: