22.4.07

COÑECE BTT

Percorrido de BTT por arredores de Ourense

OS DATOS
DATA: Domingo 29-04-07
HORA: 10:00 horas
LUGAR: Saida dende o local social do club
OUTRAS ACTIVIDADES "COÑECE"
05/05/2007 - COÑECE A MONTAÑA- ESCALADA - Circuito de escalada clásica en San Pedro de Rocas.Un marco ideal para dar os primeiros pasos na montaña trepando por penedos dun xeito divertido e rodeados de natureza.
12/05/2007 - COÑECE O SENDEIRISMO - Bosque de Redimoas (Beade - Ribadavia)Percorrido sendeirista de iniciación por un fermoso bosque pertencente a Asociación Cultural - Ecoloxista Redimoas
26-27/05/2007 - COÑECE A ESPELEOLOXÍA - Covas - O Barco (Zoa de traballo do Club Alpino Ourensán)Iniciarse na exploración das cavidades soterradas dun xeito doado e disfrutando da paisaxe que dibuxa o río Sil.
23-24/06/2007 - COÑECE OS RAIDS DE ORIENTACIÓN – Muiños.Sendeirismo, BTT e piraguas xuntas trazando un percorrido sobre mapa para disfrutar da natureza doutro xeito.

No hay comentarios: