25.4.07

Penarrubia-"Coñece2007"

ANCARES-PENARRUBIA


A primeira actividade de Coñece 2007 tivo lugar o sábado 21 de abril en Os Ancares onde 23 participantes acadaron o cume do Penarrubia saindo do pobo de A Freita. Esta é a crónica.

Saindo de A Freita tomamos un camiño que nos leva ata o cordal do Penarrubia en apenas unha hora e baixo un sol que xa quentaba a primeira hora.



Xa no cordal toca adiviñar, maís ca seguir, o sendeiro que se dibuxa entre brezos e que nos leve ata a arista rocosa do cume.

Chegados a antecima do pico fanse prácticas na rocha de escalada e descenso montando seguros con cintas e empotradores. Logo das prácticas ascendemos o cume do Penarrubia con presteza xa que ameaza treboada.

O descenso facémolo polo cordal que tira o norte para logo descender cara o oeste en busca da ladeira boscosa que nos deixa na pequena lagoa os pes do Penarrubia, sitio ideal para repor forzas escoitando a treboada o lonxe. Dende alí en media hora estamos de novo en A freita. Un bo día.







No hay comentarios: