10.6.07

MONTAÑA - Pena Corneira

Actividade de montaña en Pena Corneira

O vindeiro día 16.06.2007 terá lugar en Pena Corneira unha actividade de montaña na que probaremos a escalada artificial coma outor xeito de acadar cumes. A Pena ofrecenos moitas e variadas opcións de escalada nas súas diferentes caras e nun marco acorde ca actividade.

Esta actividade, prevista inicialmente nos Penedos de Oulego, tivemola que cambiar e o cambio ven motivado pola existencia dunha prohibición para facer escalada dentro do parque "Serra Enciña da Lastra" e moi especialmente nos penedos. Postos en contacto cos responsables do parque, en concreto falamos co director, confirmanos a prohibición e comentanos a multa imposta a 5 escaladores días atras de 600 euros por cabeza. Amosamos a nosa protesta tanto pola prohibición coma polas multas e xa estamos en contacto coa FGM para formalizar unha petición para atopar o xeito que faga compatible a práctica deportiva coa conservación do medio ambiente. Seguiremos informando.

OS DATOS
DATA: Sábado 16-06-07
HORA: 10:00 horas
LUGAR: Saida dende o local social do club
MATERIAL: O particular de montaña, quen o teña, o resto material do club.


No hay comentarios: