17.6.07

MUIÑOS 2007


MULTIACTIVIDADE EN MUIÑOS

Xa temos aquí unha nova edición da multiactividade en Muiños. Sendeirismo, BTT, escalada e piragüismo son a oferta de actividades para os días 23 e 24 de xuño. Coma todolos anos temos reservas no albergue "O Corgo" a pernocta, cena o aire libre, almorzo e xantar. Soamente debedes procurarvos o xantar do sábado.

Sendeirismo(Mina das Sombras-Río Homen), escalada(Baltar) e BTT(Salgueiros) o sábado. Piragüismo o domingo pola maña. Maís información no local social e no teléfono 988232628 en horario de oficina.

OS DATOS

DATA: Sábado 23 e domingo 24 de xuño de 2007

HORA: 10:00 horas

LUGAR: Saída dende o local social do club

MATERIAL: O particular según o que se queira facer, o resto é material do club e as piragüas son do concello de Muiños.

NOTA

Conseguimos ampliar a oferta de prazas ata un número de 45, a día 20.06.07 temos cubertas 38, si estàs interesado non te despistes xa que temos que argallar o tema da cena o aire libre e non podemos deixalo ata o último momento.

No hay comentarios: