8.6.09

Iº Trofeo de Orientación Pedestre Concello Cangas (20 de Xuño)-Montañeiros A Roelo

Ola, o sábado 20 de xuño deputarase esta proba da liga galega de carreiras de orientación nun mapa novo a escala 1:10000, elaborado neste últimos meses por dous excelentes cartógrafos búlgaros. Un deles, Valentín Vladimirov, vello coñecido dos orientadores galegos polo seu bó traballo en Canzobre-Arteixo.

A proba, organizada polo Clube Montañeiros de Pontevedra e A Roelo, desenvolverase no piñeiral dunar da espectacular praia de Barra con saída e meta na zona de Nerga. Aqueles que queiran ir teñen que inscribirse antés do mércores 17 de xuño.

A zona é excelente para aproveitar o día con outras actividades como escalar nos sectores próximos como o de Donón.

Máis información actualizada próximamente en:

http://es.geocities.com/webagaco/ga/principal.html

1 comentario:

Xan dijo...

Xa estan disponibeis o boletín informativo e o cartel desta proba na web:

http://es.geocities.com/webagaco/ga/principal.html

Tedes até o mércores que ven ás 24H para apuntarvos.