31.10.12

Comunicado da FGM en relación cos federados coa compañia MGD


Comunicado da FGM en relación cos federados coa compañia MGD



Estimados amigos Presidentes dos Clubes de Montaña de Galicia:

Ante o problema xurdido ca Mutualidad General Deportiva unha das compañías coas que traballamos o presente ano 2012 para a cobertura do Seguro de Accidentes dos nosos deportistas. Esta federación actuando en defensa dos nosos federados tomou  a seguinte decisión:

"Que a partir do 31 de outubro de 2012 data na que os nosos federados por MGD perden dita cobertura, procedemos do 1 de novembro ata o 31 de decembro do presente ano a cubrir todos os posibles accidentes dos federados por dita compañía "quebrada", mediante un reaseguro firmado coa Correduría Campos y Rial de Vigo ca compañía Zurich".

Quero dende estas liñas transmitiros a máxima tranquilidade e seguridade de que todas as persoas que no presente ano optaron pola opción Mutualidad General Deportiva continuarán perfectamente cubertas ata o 31 de decembro de 2012 polo novo seguro tramitado pola Federación Galega de Montañismo.

Do mesmo modo, estamos con negociacións moi avanzadas con respecto o seguro lo próximo ano, e por suposto en canto se acorden algúns flecos pendentes procederemos a comunicación a todas as entidades da nova póliza para no ano 2013, que si todo vai como pensamos será moi competitiva e con maiores coberturas que as actuais.

Ata o luns día 5/11/2012 no que facilitarán o teléfono 24 horas, podedes chamar a Gonzalo Cambón 986/225513 en Vigo sobre temas de coberturas ou ben a Paula Pereira 981/221481 en A Coruña para xestión de sinistros.

No caso de que teñades algunha pregunta o respecto,  non dudedes en chamarnos. Na secretaría da F.G.M. contades con toda a información.

Sen outro particular, recibide un cordial saúdo e unha forte aperta.

No hay comentarios: