4.10.12

Picos de Europa. Sedos de Ozanía



MONTAÑA
Picos de Europa

12,13,14 de outubro

Tentaremos acceder ó corazón do macizo occidental dos Picos de Europa por unha ruta pouco transitada, bastante alonxada dos circuítos habituais, seguindo os Sedos de Ozanía. Trátase dunha larga ascensión por terreo pouco marcado con algunha trepada puntual que en condicións normais non debería presentar problemas.

A idea e saír o venres pola mañá para chegar ata Soto de Sajambre para durmir no albergue (aínda por confirmar). Esa tarde podemos dar un paseo polos arredores da aldea -seguro que o bosque está no seu máximo esplendor-e ó día seguinte (sábado) achegarémonos cos vehículos ata Amieva donde comeza a nosa ruta.

Si camiñamos a bo ritmo chegaremos para durmir en Vegahuerta. Si o facemos a moi bo ritmo aínda se pode intentar ascender a Torre de la Cabra Blanca, os Estribos...Si non haberá que improvisar un vivac (non creo).


Ó día seguinte (domingo) baixaremos dirección ó río Dobra pola Canal de la Duermona para chegar a Carombo e seguindo o río Dobra regresar ó punto de inicio.


A ruta e ben variada, larga e nalgúns puntos teremos que facer uso das mans e andar con coidado polos Sedos e na trepada ós picos.


Material necesario

Roupa e calzado de montaña, mochila, saco de durmir (xa refresca), esterilla e funda de vivac, casco, víveres e auga para os dous días.


Non hai Wifi, nin 3G...

Apuntarse no Club para facer unha lista e reservar albergue. No monte xa temos sitio reservado ;)

No hay comentarios: