Picos de Europa - Macizo central en estilo alpino
Do 1 ao 4 de maio de 2014
PICOS DE
EUROPA - MACIZO CENTRAL
"Ascensión
ao Torrecerredo e outras cimas en estilo alpino "
Saída
o mércores día 30 para durmir en Fuente De e regreso o domingo 4
pola tarde.
As
10h do xoves subimos pola canal da Jenduda para acampar (posibilidade
de vivac) nas inmediacións de Cabaña Verónica onde nos
estableceremos para os 4 días en total autonomía.
Nas
actividades, propomos a ascensión do Torrecerredo (2.650 m),
a cima máis alta da cordillera Cantábrica e de todo o noroeste
peninsular. Ademáis hai a posibilidade de ascensións como o
Llambrión, A Palanca, Peña Vieja, Orcados Rojos etc... en
actividades diarias dende as inmediacións da cabaña.
A
situación en picos de Europa é de bastante neve nos collados e
ladeiras a sombra así que compre incluir "crampons e piolet"
ao noso equipo, ademáis de saco de durmir de inverno xa que polas
noites as temperaturas rondarán os cero graos.
Ademáis,
o estilo alpino implica levar con nos todo o necesario para durmir
(tenda ou funda de vivac a gusto de cada quen, saco e esterilla) e
para comer dende o xoves ao domingo.
O
nivel técnico non e moi esixente, pero si é imprescindible
estar familiarizado coa progresión en terreo nevado con piolet
e crampóns así como coñecer as técnicas de autodetención.
MATERIAL:
Roupa e calzado adecuado, tenda-funda vivac, esterilla e saco,
casco, piolet e crampóns (lembrade pasar a recollelo polo club se
non tendes material propio).
Ademáis,
como para todas as actividades, compre lembrar que é preciso ser
socia do clube e estar en posesión da licencia federativa 2014.
Inscripción:
Podedes facelo no clube até o luns 28 as 21.30h.
Despois,
facedeo escribíndo ao correo electrónico vbarro@gmail.com
ou
teléfono 659655734 até o martes as 23h.
A
actividade poderá variar en función da meteoroloxía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario