28.5.14

XORNADAS DE ESCALADA DE VARIOS LONGOS EN VÍAS EQUIPADAS


A escalada de varios longos nos permite progresar en paredes máis alá da metade da lonxitude da nosa corda simple, asegurando a progresión ao primeiro de cordada, este ao segundo, que releva ao primeiro e así sucesivamente até o cumio ou o final das dificultades.

Se queremos progresar en paredes de estas características precisamos practicar e manexar con fluidez algunha maniobras específicas.

Igualmente, para o descenso non é raro ter que utilizar o rapel pola mesma vía como única opción polo tanto é preciso dominar esta técnica tamén.

Contidos propostos a practicar:
- Triangulación de reunións.
- Relevo en escalada de varios longos (dinámica da cordada).
- Uso da cesta (aseguramento a un segundo e bloqueo).
- Rappel.

Condicións:
Estar federado para actividades de escalada.
Ser membro do Club Alpino Ourensán.
Saber escalar de primeiro e asegurar en escalada deportiva.
Dispoñer de casco, arnes, cordino de machard (1m 50cm e 6 mm de diametro é suficiente) e cabo de anclaxe. Todo o meterial homologado para a actividade.

Información práctica:
Mércores 11 e xoves 12 de xuño
Horario de 17 a 22h
Lugar de encontro: Cañón do Sil, sector Camachuelo

Número de plazas dispoñibles: 6
Prezo: 20 €

No hay comentarios: