27.11.14

XVI SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN- día 27


XVI SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN
ORGANIZA: CLUB ALPINO OURENSÁN
CO PATROCINIO ESPECIAL DA

 “FUNDACIÓN FLORENCIO ÁLVAREZ-MARIA TERESA ESTEBAN”

Xoves 27 de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense. “ESCALADA DEPORTIVA NA CORDILLERA CANTÁBRICA” por Alberto Castaño Boza A charla dividida en dúas partes, comeza por un relato sobre as posibilidades da Cordilleira Cantábrica para a práctica da escalada deportiva, que o autor ten plasmado nunha guía con este nome. Na segunda parte, e sen abandonar este escenario, Alberto móstranos tres retos deportivos sen parangón: a escalada das catro caras do Urriellu no día dende Pandebano ida e volta, a ascensión dos cumios mais altos dos tres macizos de Picos de Europa, Morra Lechugales, Torrecerredo e Peña Santa no día e por último a travesía dos Urrieles, ascendendo tódolos seus picos de 2600m. no día.


No hay comentarios: